Galicia soporta xa preto de 180 M€ de déficit acumulado polo retraso nas entregas a conta por parte do Goberno central

por Redacción Galicia

A Xunta de Galicia pide seriedade e responsabilidade ao delegado do Goberno central porque os números non menten

Galicia soporta xa preto 180 M€ de déficit acumulado no primeiro trimestre, que é a diferencia entre os importes que se reciben actualmente e os comunicados ás comunidades autónomas no Consejo de Política Fiscal e Financeira (CPFF). Pero ademais, a isto é preciso sumar o custo financeiro desta demora, que de seguir a este ritmo acadaría os 4 millóns de euros nos primeiros seis meses do ano.

O Goberno galego pide seriedade e responsabilidade ao delegado do Goberno e lembra que os números non menten. 

Respecto ás actualizacións por Real decreto Lei, xa foran demandadas pola Xunta de Galicia no CPFF de decembro, tanto para a adecuación dos pagos a conta do Sistema de Financiamento Autonómico, como para a actualización das retribucións dos empregados públicos. Como puxo de manifesto onte o conselleiro de Facenda e Administración Pública en funcións, no seu informe ao Consello, xa se daba por segura unha prórroga orzamentaria para os primeiros meses de 2024, que agora se confirma que se vai manter todo o ano.

O Executivo galego non entende que a Ministra de Hacienda decida de xeito discrecional cando transfire aos galegos os recursos que lles corresponden ao abeiro da Lei Orgánica de Financiamento das CC.AA. (LOFCA) e aos empregados públicos de Galicia os acordos retributivos entre o goberno e os sindicatos.

«O Goberno central ten que actuar canto antes e non agardar a facelo seguindo outro tipo de intereses partidistas, xa que de non actualizar as entregas a conta o déficit de tesourería acadaría ata os 725 millóns de euros», tal e como a Xunta advertiu onte.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario