Alerta laranxa na costa galega para esta semana por mar grosa e ventos fortes

por Óscar de Souto

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa nos boletíns emitidos hoxe, dun fenómeno meteorolóxico adverso por costeiros adversos de nivel laranxa, con vento do Noroeste forza 7 e ocasionalmente forza 8 e mar combinada de 5 a 7 metros e ocasionalmente 8 metros, que se iniciará ás 14:00 horas do día martes 26 efectando ao litoral da costa de A Coruña e Pontevedra, e que a partir das 00:00 horas do día 27, mércores, afectará a todo o litoral de Galicia.
Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos: adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e, no seu caso, alerten ou mobilicen aos medios e recursos a dispor. Ante calquera emerxencia chame ao 112.

Caión, foto de María Rozamontes

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario