Alertado pola veciñanza, o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, rexistrou un rogo oral, para a súa lectura no Pleno ordinario de abril, en relación ao perigo que supón o estado en que se atopa unha árbore situada na parte traseira da Igrexa de Resurreción, no Barrio das Flores.
O tronco da árbore está dobrado e as súas pólas chegan a repousar sobre o tellado da Igrexa, “coa consecuencia de atascar a calexa e o perigo que supón sobre a propia estrutura do edificio”, apunta Jorquera.
Por tanto, o portavoz nacionalista insta o Goberno Local a que “acometa as accións necesarias” para que o estado da árbore deixe de representar un risco quer para a igrexa quer para a veciñanza.