A produtora galega Brava aposta polos formatos dixitais neste proxecto de divulgación histórica sobre o Reino de Galicia cun equipo feminino e Z
Chega a estrea de Conexión co Reino a todas as redes da produtora Brava (@brava.gal), unha miniserie de divulgación que achega o medievo galego ao día de hoxe. Cada capítulo enlaza elementos ou intereses do noso día a día que se deron ou naceron no Reino de Galicia. Revisítase o concepto de documental e trasladase contido denso e teórico a un formato nativo dixital, que destaca polo dinamismo e o atractivo visual conducido por unha das cara de maior éxito entre a xuventude do país, a galega Prado Rúa.
O pasado e a actualidade teñen moitos máis puntos en común do que podemos chegar a imaxinar. Ás veces esquecémonos das épocas e culturas pasadas, e de que sentaron as bases do que creamos no presente. Os nosos costumes e coñecementos son cambiantes, pero moitas cousas permanecen ou repítense de forma cíclica.
Qué relación poden ter as regueifas coas batallas de galos de Red Bull? E algún dos nomes vikingos máis famosos, coma Gudrod, co municipio de Catoira? Relacións tan inesperadas e curiosas coma estas son as que se comparten en “Conexión co Reino” da man da creadora de contido Prado Rúa (@prado_rua), quen conta con 20 mil seguidores en Instagram e é coñecida por achegar a cultura galega ao público novo con gran éxito.
O proxecto, idea orixinal de Cristela Torres, é gañador do premio do Fondo de Proxectos Culturais do Reino de Galicia da Deputación da Coruña 2023. Acompáñana no equipo Belén Puime como guionista e directora (@prigadas.vibes) e Álex Tajuelo na montaxe, ademáis da produción por parte da produtora nova máis relevante do panorama actual, Brava (@brava.gal), liderada por Cristela Torres e Bea Villar.