UCIN: «Galicia é unha gran potencia de enerxía eólica e hidráulica, representa unha parte significativa nos beneficios das grandes empresas enerxéticas do Estado»

Só durante o ano 2023, estas empresas ingresaron pola súa actividade en Galicia case 800 millóns de euros, sendo as principais beneficiadas: Iberdrola, Acciona Naturgy e outras.

Somos ricos en vento pero a factura da electricidade é das máis elevadas do País. Audasa faise coa AP-9 ingresou por peaxes case 200 millóns de euros en 2023, e nós, os galegos e galegas pagamos moi cara a electricidade e as peaxes. Electricidade que producen co NOSO VENTO e PEAXES que prometeron suprimir. José Luis Calo Coordinador UCIN GALICIA

“UCIN Galicia quere peaxes cero e unha significativa rebaixa da factura eléctrica dos galegos e galegas. Que cumplan o que prometen nas campañas electorais. E que nos expliquen a todos e a todas porque xa non se recollen os pélets do Tocanao. Que expliquen porque xa non lles interesa recolller os refugallos mariños fóra da campaña electoral. Queremos explicacións”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios