27 semanas de protestas reclamando unha sanidade pública digna para a Fonsagrada e Negueira de Muñiz

por Redacción Lugo

O Bloque Nacionalista Galego da Fonsagrada leva 27 semanas con concentracións para reclamar unha sanidade digna para Fonsagrada e Negueira de Muñiz

María explica «levamos 27 semanas reclamando unha sanidade digna para A Fonsagrada e Negueira de Muñiz porque coa nosa saúde non se xoga»

O PP; dixo, está «pondo contra as cordas a sanidade pública», con «continuos recortes» que no caso da Fonsagrada e Negueira de Muñiz , asegurou, «non son produto da casualidade», pois entende que responden a un «claro deseño do PP para deteriorar a sanidade pública», censurou.

«Imos seguir a esixir que se blinde o dereito á sanidade pública que é un dereito inembargábel, aínda que a Xunta de Galiza traballe para exterminalo. Temos nas nosas mans o dereito a defendelo e a que teñamos unha sanidade de proximidade, máis aínda nun concello como A Fonsagrada eminentemente rural e de montaña»concluíu María Fernández

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario