Os populares recriminan que a nova alcadesa perdese a oportunidade de reclarmar aos Ministros que viñeron a Lugo en campaña mellores comunicacións indicando que «os que pensaban que podía haber un cambio de rumbo xa se desengañaron con este novo mazazo»
Para a voceira popular Elena Candia “os esforzos da nova alcaldesa non se centran no prioritario e solicita que se deixe de perder recursos e tempo en proxectos que non aportan nada como as Caldas do Miño ou un carril bici mal deseñado.
A nova de que Lugo perde outra frecuencia de tren con Madrid demostra “que non hai nin estratexia, nin habilidade por parte da alcaldesa da cidade para priorizar mellores comunicacións para que Lugo sexa unha cidade competitiva e atractiva”.
É lamentable e decepcionante que os esforzos de Paula Alvarellos non se centren no verdadeiramente importante. Durante a campaña electoral das autonómicas, presenciamos numerosas visitas de ministros a nosa cidade. O feito de que a alcaldesa tivese a oportunidade de reunirse cos responsables do goberno central, nun entorno de proximidade, se entendía como algo positivo. Sen embargo esta nova perda de frecuencias de tren confirma que non foi así.
Os que agardaban un cambio de rumbo na xestión municipal coa nova alcaldesa desengañáronse xa que se cadra imos a peor manifestando que “os socialistas lucenses non teñen a quen botarlle a culpa deste novo desprezo do goberno central”.