O peirao de Laxe pecharase ao tráfico rodado dos vehículos particulares

No local da Cofradía de Santa María da Atalaia de Laxe (A Coruña), onte, 3 de abril de 2024, o conselleiro do Mar, en funcións, Alfonso Villares, acompañado polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, acudiu a un encontro institucional co novo alcalde de Laxe, PP, Francisco Charlín Oróns, (alcalde que foi mariscador e mariñeiro), e cos representantes da confraría de pescadores Santa María da Atalaia, o seu patrón Maior, Luis Suena Amigo.

Nesta reunión abordáronse ademais as necesidades dos profesionais do pósito en materia de infraestruturas portuarias, entre as que manifestaron o peche do tráfico rodado ao porto á sinalización horizontal, así como a ocupación de distintas naves. Sobre os investimentos por executar este ano os responsables da Xunta trasladaron a renovación do pavimento portuario, ao que se destinarán 45.000 euros, e a instalación de iluminación led na que se investirán, unha vez culmine o proceso de licitación do contrato global para 26 dársenas autonómicas, de 103.000 euros que permitirán a instalación de 43 luminarias e o correspondente sistema de telexestión.

No pasado a dragaxe deste porto, que culminou o pasado mes de xuño, supuxo un investimento acumulado de 3,6 millóns de euros, aos que se sumaron 130.000 euros da reparación do edificio de apartamentos e 31.000 euros máis para a dotación de defensas con escaleiras laterais.

No tocante o tema que interesa os pescadores deportivos, moi numerosos nesta comarca, tamén turistas, ao pechar o acceso ao tráfico, terán que acceder a pé, afectando os pescadores deportivos de idade, que levan «toda a vida» pescando no peirao, que terán que percorrer unha distancia considerable para ir ó lugar onde pescan.

Comparte éste artículo
No hay comentarios