Nuria Suárez: “Un 70% ou un 10% de participación nas primarias é o que diferencia a un corredor de fondo da política dun visitante fugaz”
Nuria Suárez, portavoz estatal de Recortes Cero presentou hoxe, nun acto desde Valencia e con conexión telemática xunto ás portavoces de Galicia, Madrid, Euskadi, Madrid, Canarias e Andalucía, o proceso de primarias para as Eleccións Europeas. Un proceso no que se elixen tres cosas, a cabeza de lista, os candidatos de cada comunidade autónoma que van formar parte da lista, e o programa.
Nas últimas semanas estanse a celebrar varios procesos deste tipo. Desde a elección da líder de Sumar ás primarias das CUP para elixir á candidata á Presidencia da Generalitat nas Eleccións de Cataluña.
As primarias de Recortes Cero iniciarán o proceso de votación o 22 de abril, e ata entón a inscrición no censo está totalmente aberta a calquera que queira participar aínda que non sexan membros da organización.
Na presentación estiveron presentes ademais, as portavoces de Recortes Cero en Galicia, Pastora Fernández, en Euskadi, Ruth Hernández, en Andalucía, Violeta Tercedor, e en Canarias, Bibiana Fernańdez.
Durante o acto, Nuria Suárez insistiu no reto que supón unhas primarias nas que se vai a votar tamén o programa. “Propuxémonos como clave a participación, porque celebrar unhas votacións nas que participe o 10% non ten sentido, é un fracaso evidente”. A portavoz de Recortes Cero explicou que existe unha regra aprobada na Coordinadora Estatal que esixe que para que unha votación no órgano sexa válida, debe ter o 70% de participación, e aínda que non é unha condición nestas primarias, “si é a nosa principal referencia”.
Ao mesmo tempo, Recortes Cero vai elixir aos representantes de cada autonomía que van participar nas listas. Nuria Suárez lembrou que este é un dos eixos que definen a identidade de Recortes Cero, “do mesmo xeito que o é a representatividade das mulleres nos organismos de coordinación, como pode comprobarse nesta mesma rolda de prensa, e a presenza das nacionalidades e rexións do país en todos os procesos de forma equitativa e respectuosa”.
Por último, a portavoz de Recortes Cero explicou que a votación do programa das Eleccións Europeas “non se limita a un click”. “Estamos a organizar asembleas en todo o país, presenciais e telemáticas para que calquera elector do censo poida participar no debate en torno ao programa, coas súas opinións e propostas”. Para Suárez, “o esforzo democrático que supoñen estas primarias teñen tanto valor ou máis que o mesmo resultado electoral das Eleccións Europeas” porque, “como vén demostrando nas últimas citas electorais “a organización e o grao de mobilización democrática desa organización é o que define a un corredor de fondo da política ou a un visitante fugaz”.