Ameijide: “Tomé non é o presidente que precisa a provincia, abusa do cargo de xeito egoísta e insolidario, so mirando pola súa imaxe en Monforte”

por Redacción Lugo

Antonio Ameijide acusa a Tomé de «non interesarse polos problemas reais dos lucenses» tras ver como autoasinou ás agochadas durante un pleno, pola súa propia conta e semella que sen informar ao resto de deputados de goberno» un convenio por valor de 600.000€ co Concello de Monforte para facer unha piscina.

  • O popular explica que Tomé asinou o decreto no mesmo pleno no que PSOE e BNG aprobaron definitivamente o Plan Deputación no que o presidente provincial aumentou en 50.000€ a partida que destina ao seu municipio mentres baixaba os recursos a 62 municipios da provincia
  • Dende o Grupo Popular sinalan que Tomé xa non debe ter nin que lle avale no seu equipo este tipo de actitudes sectarias e egoístas, discriminando a todos os veciños da provincia agás aos do concello que goberna
  • Unha situación que se engade ao abuso que o presidente da Deputación realiza do parque móbil, mantendo permanentemente unha brigada no seu concello mentres os municipios veciños claman por estas brigadas para poder arranxar as súas estradas
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario