O PP de Guitiriz acudirá á Valedora do Pobo ante “os reiterados incumprimentos do regulamento do pleno” por parte da alcaldesa

por Redacción Lugo

Os concelleiros populares abandonaron o pleno deste xoves tras ver como, unha vez máis, Marisol Morandeira incumpría o regulamento do pleno ao impedir que os concelleiros de goberno que teñen unha delegación exclusiva responder ás preguntas que se lle formularon, a pesar de que están obrigados

Os concelleiros do PP de Guitiriz acudirán á Valedora do Pobo para pedir o seu amparo ante os reiterados incumprimentos do regulamento do pleno por parte da alcaldesa.

O voceiro popular, José Manuel López, explica que nos marchamos do pleno do xoves ao ver como, una vez máis, Marisol Morandeira incumpría o regulamento do pleno ao non deixar responder aos concelleiros de goberno ás preguntas formuladas polos edís do PP.

Segundo o regulamento do pleno, os edís de goberno que teñan delegación exclusiva teñen a obriga de responder ás preguntas que se lles formulen por parte de outros edís, ben sexa de forma oral nese mesmo pleno ou de forma escrita no seguinte pleno.

“No pleno deste xoves indiqueille á alcaldesa que tiñan que responder os concelleiros interpelados e, que senón cumpría co regulamento, abandonaríamos o pleno”, sinalou. Ante esta advertencia, a alcaldesa decidiu seguir polo camiño de plenos anteriores “e negar a palabra aos seus propios concelleiros” polo que abandonamos a sesión.

Un artigo que está a incumprir de forma reiterada a rexedora de Guitiriz “ao responder sempre ela, negando a intervención dos seus concelleiros”. “Non sabemos se é porque non confía no seu equipo ou porque quere ser a protagonista, pero a realidade é que incumpre todos os plenos o regulamento que rexe os mesmos”, indicou.

Unha situación ante a que o propio secretario, nunha sesión anterior, indicou á alcaldesa a obriga de responder que teñen os concelleiros con delegación exclusiva “ao que Marisol Morandeira fixo oídos xordos”.

Ante esta situación de “indefensión” os concelleiros populares recorrerán á Valedora do Pobo para garantir que se cumpre o regulamento que rexe os plenos de Guitiriz.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario