Excelente balance colleitado polos nosos e nosas representantes no Campionato de España máster de 10K. desenvolto na localidade levantina de Crivillent esta pasada fin de semana
A expedición galega lograba en conxunto un total sete medallas, tres no individual e catro na de por equipos, sobre un circuito bastante duro que perxudicaría a consecución de bós rexistros.
Na categoría masculina M50 o atleta do ADAS CUPA Juan Antonio Gude, que competía en calidade de filial do Lucus Caixa Rural Galega, lograba o título de campión España cun crono de 33:51 ao que se lle sumaba o tamén campionato do representante da S.D. Compostela Atletismo José Suárez na categoría M60, quen remataba a súa carreira nunha chegada moi axustada en 36:41
Pablo Fervenza do Samertolameu que viña de lograr recentemente dúas medallas no europeo celebrado en Polonia, sumaba unha nova medalla de España ao facerse con título na categoría M70 cun tempo de 44:53.
A maiores compre destacar os excelente postos de finalistas logrados por Isabel Ropero do ADAS Cupa na F45, Jordi Carrasco do Pinarium na M50 e de Soledad Aurora na F50 e Mari Carmen Rodríguez na F65, ambas do S.D. Compostela.
A nivel de equipos tamén destacaron as actuacións dos conxuntos galegos do ADAS CUPA e da S.D. Compostela Atletismo entreos cales lograban un total de catro medallas.
En concreto o Club ADAS CUPA formado por Esther Rodríguez, Iria Fernández, Martina Tasende e Elena Ledo, sumaba un subcampionato na categoría feminina F40 así como un bronce na masculina M45 integrado por Israel Ropero, Juan Antonio Gude (F) e Jose Manuel García. Pola súa banda a entidade compostelanista formada por Auroda Leiro, María Tarrío,Victoria González e Josefina Riber facía unha excelente carreira logrando a prata na categoría feminina F45 á que se lle engade o bronce do combinado masculino da M60 integrado por José Suárez, Jesús Santos e Francisco Cepeda.