Partiron o luns e regresarán o venres
Un grupo de laracheses está a desfrutar nesta semana da excursión pola provincia de León que organiza o Concello da Laracha para ofrecer ao colectivo das persoas maiores de 55 anos, xubiladas ou pensionistas unha proposta cultural e de ocio que, ademais, favorece o envellecemento activo e fomenta as relacións sociais entre ese grupo de idade. Forman parte da expedición o alcalde, José Manuel López Varela, e a edil de Servizos Sociais, Rocío López.
A viaxe iniciouse onte luns e finalizará o venres. Durante estas cinco xornadas visitarán a cidade de León e outras localidades como Astorga -onde visitaron hoxe a Catedral de Santa María e o Palacio de Gaudí-, Castrillo de los Polvazares, Ponferrada e Villafranca del Bierzo. Tamén realizarán un percorrido en barco polos coñecidos como Fiordos Leoneses no pantano de Riaño e visitarán a Cova de Valporquero, así como museos e os puntos de interese máis destacados das citadas localidades.
O Concello subvenciona a excursión asumindo o custe do transporte en autobús.