Tras coñecerse que este edificio quedará sen seguridade privada en xuño de 2024 e que o goberno local ten a intentición de facer con medios propios esta tarefa violando a Ley de Seguridade Privada de 2014
Rozas advirte que asumir con medios propios a vixilancia, en contra do disposto na Ley de Seguridade Privada (Art 5 e Art 7- ANEXO) que exclúe que se poida facer dito labor con persoal propio do concello, pode acarrear sancións económicas graves que poderían chegar aos 600.000€.
De tomar esta decisión o goberno local estaría “ignorando os riscos asociados á falta de seguridade profesional nun lugar que alberga obxectos de valor e que require dunha protección adecuada e experta xa que hai un sistema de cámaras interior e exterior e ten que haber un responsable da custodia das imaxes”.
Os populares fan esta reflexión porque sospeitan que o goberno local “intenta derivar a responsabilidade da vixilancia do Vello Cárcere aos conserxes ou aos auxiliares de servizo”.
O Grupo Municipal do PP engade de que esta instalación non pode quedar sen vixilancia privada xa que o edificio conta con sistemas e equipos de seguridade que legalmente deben estar atendidos polas Forzas e Corpos de seguridade ou por persoal habilitado de seguridade privada e así se recolle na Ley de protección de datos onde figura a necesidade de que sexa persoal habilitado para seguir os protocolos legais e xestionar as imaxes que recaben os diferentes dispositivos do edificio.
Rozas considera “grave” esta deixación de funcións advertindo que dentro deste edificio hai pezas de incalculable valor con centos de caixas de restos arqueolóxicos depositados e catalogados polos arqueólogos municipais que proceden de excavacións efecturadas dende o ano 1996.
ANEXO
- No artigo 5 da Ley/2014, de 4 de abril, de Seguridad Privada se indica que “la vigilancia y protección de bienes, establecimientos, lugares y eventos, tanto públicos como privados, así como de las personas que pudieran encontrarse en los mismos” son actividades de seguridade privada e establece que “únicamente a poderán facer empresas de seguridade privada”.
- No artigo 7 remarca de novo esta idea e “exclúe que se poida facer dito labor con persoal propio” así o recolle de forma textual “Cuando los interesados tengan el carácter de empresas o entidades de cualquier tipo, en ningún caso utilizarán a sus empleados para el desarrollo de las funciones previstas en la presente ley, reservadas a las empresas y el personal de seguridad privada”.