O PP critica que Alvarellos perdese a oportunidade de dicir cando vai abrir o Auditorio de Magoi manifestando que «a súa presenza durante o percorrido, tutelando a visita como se tiverse medo á darnos liberdade de vir e ver, só sería admisible se houbera confirmado cando se vai abrir ao público esta infraestrutura»
Trala visita ao novo Auditorio de Magoi os populares afirman que é incomprensible que un edificio deste nivel poda estar pechado dado que o inmoble está, e así o comprobamos, en boas condicións para a súa apertura.


Ramón Carbacos manifestou que “non é razonable o discurso do goberno local de que non se pode poñer en marcha”. O popular indicou que as explicacións que se facilitaron son extemporáneas e, en ningún momento, xustifican o inxustificable que é que Lugo sigue sen contar cun auditorio moderno”.
Pola súa banda a concelleira Silvia Colmenero considera que ter un edificio deste nivel pechado é “un insulto e un desprezo absoluto do goberno local cara aos investimentos da Xunta en Lugo”. A edil engadía que “quen paga e sufre as consecuencias desta falta de xestión é a veciñanza”.
Os populares lembran que imos camiño de 46 meses e PSOE e BNG, propietarios do auditorio de Magoi, seguen sen confirmar cando se vai abrir ao público; cal vai ser o modelo de xestión desta infraestrutura; non dan pasos para abrir os espazos públicos que hai no entorno