Rescatado un pescador en cabo Touriñán

Un pescador veciño de Madrid, sufría este mediodía unha caída mentres pescaba nunha zona próxima a rambleta do cabo Touriñán.
Como consecuencia dos feitos resultou ferido leve, nunha das extremidades inferiores, e foi atendido por uns veciños do lugar e porteado en padiola ata ambulancia.
Unha vez estabilizada, a vítima foi trasladada o Hospital Virxe Da Xunqueira para avaliación médica.
Efectivos intervintes:
061 Urxencias Sanitarias de Galicia, Garda Civil, Policía Local e AVPC PROTECCIÓN CIVIL MUXIA .
O 112 agradece a colaboración dos veciños intervintes, nos primeiros auxilios, así como no porteo da víctima ata ambulancia.
.

Comparte éste artículo
No hay comentarios