Ao respecto das manifestacións da xunta de persoal sobre as camas no Hospital da Mariña, dende a área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos queremos dicir:
A planificación asistencial para os meses de verán, tanto na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, como no resto de áreas de Galicia, faise tendo en conta factores como os menores índices de ocupación hospitalaria nestas datas debido, fundamentalmente, a unha redución estacional de patoloxías e á correlativa redución de ingresos por enfermidade.
Esta planificación realízase en función de estudos exhaustivos de actividade de anos anteriores e tendo en conta a responsabilidade principal da sanidade pública galega de garantir a calidade asistencial dos pacientes durante os meses de verán (período no que se concentran a maioría de peticións de vacacións por parte do persoal).
Dita medida, que é xeralizada na maioría de sistemas sanitarios públicos, permite xestionar de forma eficiente as vacacións regulamentarias dos profesionais e conxugalas coa diminuación da demanda asistencial que se produce neste período.
Non é algo exclusivo do Hospital da Mariña e, ademais, en todo caso insistir e resaltar que o Hospital Público da María terá dispoñibles o 100% das camas para ser utilizadas sempre que sexa preciso, en calquera momento.
Como sinalamos anteriormente, as vacacións dos profesionais do Sergas (ás que teñen dereito como calquera outro traballador), concéntranse maioritariamente no verán (como acontece na maioría de institucións, organismos, empresas, sectores produtivos…). Este feito, xunto coa redución da demanda asistencial, obriga a reestruturar no verán a dispoñibilidade de camas, pero poñendo sempre a disposición da cidadanía todos os recursos necesarios, mantendo toda a actividade clínica posible e garantindo a atención aos procesos que non admiten demora.
Neste senso, planifícase a actividade valorando os recursos humanos dispoñibles, posto que o verán, como sucede noutras profesións, é o período máis demandado polo persoal para disfrutar das vacacións regulamentarias. Isto condiciona a necesidade de substituir ao persoal que goza deste período para garantir a actividade; e esta substitución non sempre é doada ou posible en moitas das especialidades debido á total carencia de profesionais nas listas de contratación.
Reiteramos, pois, que dita medida non é nova nin é exclusiva da Mariña ou de Galicia. Responde a estudos exhaustivos de actividade de anos anteriores, como xa dixemos.E reiterar novamente que, coma todos os anos, o 100% das camas hospitalarias da provincia permanecerán dispoñibles para seren utilizadas en caso necesario.