Os socialista de Oleiros celebraron o Día da República lembrando a Francisco Miguel Fernández Díaz

por Redacción A Coruña

.Este domingo 14 de Abril, ás 12:00 h, o PSOE de Oleiros celebrou un acto aberto á cidadanía de conmemoración da II República. Nese acto quixo reivindicar a importancia da memoria en xeral e en particular da figura do pintor Francisco Miguel Fernández Díaz, veciño de Santa Cruz que foi «paseado» en Carballo no 1936.

A Agrupación Socialista de Oleiros celebrarou este domingo co gallo do día da República un acto na súa sede e logo os presentes acudiron á rúa do Souto n°9 onde se presentou o texto dunha moción para levar ao Pleno que reivindique a memoria  do que aconteceu nese e noutros lugares.

O acto celebrouse na sede da Agrupación e a través do acontecido á figura do pintor Francisco Miguel Fernández Díaz, a socialista Ana Rey (autora do libro A II República en Oleiros), ilustrou como a memoria do que lle aconteceu a uns foi borrada xusto ao contrario do que lles ocurriu aos outros. A continuación se fixo unha visita ao exterior da casa na que residiu o homenaxeado, sita na rúa do Souto n°9, e unha vez alí presentouse unha moción que o grupo Socialista levará ao próximo pleno instando ao concello de Oleiros a que proxecte un centro de memoria histórica na devandita casa.

O Deber de Memoria é o conxunto de medidas e actuacións que as administracións públicas deben desenrolar para preservar na memoria colectiva os desastres da guerra e de toda forma de totalitarismo e evitar, así, que as violacións de dereitos humanos durante o golpe de Estado, a guerra e a ditadura, volvan a repetirse. E entre esas medidas e actuacións está, por exemplo, a declaración como Lugares de Memoria Democrática de aquelas localizacións nas que se desenrolaron feitos de singular relevancia vinculados a este período da historia, por iso imos propoñer ao Concello de Oleiros a adopción das seguintes medidas:

1.    Que o concello cumprindo o mandato da Lei de Memoria Democrática, declare como Lugar de Memoria Democrática a Casa da Felicidade, número nove da rúa do Souto en Santa Cruz de Liáns, que a día de hoxe, figura como elemento de Interese Histórico Artístico Arquitectónico ou Ambiental.

2.    E que de forma inmediata inicie os trámites necesarios para poder instaurar nela un centro de estudio, investigación, recompilación e divulgación de todo o acontecido nesa triste etapa neste concello, co fin de fomentar o coñecemento das etapas democráticas da historia de España e de preservar a memoria das vítimas da Guerra e da Ditadura franquista en Oleiros»

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario