As listaxes poden consultarse nos taboleiros de anuncios das escolas infantís, no taboleiro do Concello de Lugo e nas oficinas da Concellería de Educación
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou que no día de hoxe se publicaron as listaxes provisionais de adxudicación de prazas nas escolas infantís xestionadas Concello de Lugo. Ferreiro afirmou que «continuamos avanzando no procedemento de adxudicación das prazas nas Escolas, publicando a adxudicación provisional e abrindo o prazo de alegacións».
A listaxe provisional conta con 152 solicitudes estimadas, 10 estimadas con requerimento de documentación e 63 desestimadas por distintas causas. O período de alegacións estará aberto ata o 30 de abril, e o procedemento continuará a partir desa data coa publicación definitiva das listaxes e a apertura do período de matrícula. As listas poden consultarse nos taboleiros de anuncios das distintas escolas e do Concello de Lugo, ademais de nas oficinas da Concellería de Educación.
A formalización da matrícula terá lugar na escola onde a nena ou o neno foi admitida ou admitido, no prazo establecido na resolución definitiva (aproximadamente no mes de Xuño). – No caso de producirse renuncias de prazas, as prazas vacantes nas escolas ocuparanse coas solicitantes que figuren na lista de agarda única para as catro escolas, elaborada por idades e sempre de acordo coa puntuación obtida no procedemento.