Marea de Noia: «O Concello de Noia suministrou auga ós cidadáns NON apta para o consumo humano»

por 21 Noticias

A Marea de Noia decidiu realizar tres analíticas da auga que subministra o Concello a cidadanía, para coñecer o alcance dos compostos da mesma.

Cabe destacar que nas tres mostras recollidas o parámetro da E.COLI mostrase moi por riba do recomendado para o consumo humano. Esta bacteria produce entre outros, náuseas, vómitos, cólicos, diarrea, esgotamento ou febre.

Dende a Marea queremos analizar todas os rexistros que existan na Estación de Tratamento da Auga Potable dos meses de abril e marzo. Non entendemos como un goberno pode subministrar auga non apta para o consumo humano sen avisar á poboación. É unha absoluta irresponsabilidade.

Con esta finalidade levamos unha iniciativa ao vindeiro pleno para avaliar a situación e valorar cambios no plan de auto protección da ETAP para valorar diferentes cambios nos seguimentos das augas e garantir unhas condicións dignas da mesma.

Dende a Marea destacan que o goberno do Partido Popular e do NO.I.A deben asumir responsabilidades políticas ante esta cuestión que non se pode repetir nunca máis.

Cremos que se trata dunha cuestión importante para a veciñanza que non resolve coas falsas promesas electorais do Partido Popular, que no 2016 prometía a creación dun depósito da auga do que nada se sabe.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario