Os deputados populares aproveitaron para visitar varios municipios da Mariña e así coñecer as necesidades dos seus veciños e detectar as deficiencias que a Deputación mantén nestes concellos sen darlles unha solución
- O grupo provincial do Partido Popular estivo hoxe en Barreiros, dentro das reunións periódicas de traballo e organización de grupo, que se convocan ao longo da provincia dentro da liña de descentralizar o traballo e apostar polo trato igualitario aos concellos, aproveitando ademais para convidar ás mesmas aos alcaldes e voceiros da zona
- Os populares tamén aproveitaron para coñecer o estado das estradas provinciais nos municipios da Mariña, xa que agora que chega o verán “deberían de estar en perfecto estado” para facilitar a mobilidade aos miles de turistas que cada ano chegan á costa de Lugo para disfrutar das súas praias e da súa riqueza natural e patrimonial
- No Grupo Provincial do Partido Popular continúan co calendario de visitas a todas as comarcas e municipios da provincia xa que “o contacto directo cos veciños é o único camiño para coñecer os problemas dos lucenses e poder buscar solucións dende a administración que debería apoiar aos concellos”