Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 65 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Pacios, está controlado dende as 9,32h desta mañá e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 65 hectáreas.
O lume iniciouse ás 22,32 h. da noite pasada e polo de agora mobilizáronse para a súa extinción 1 técnico, 3 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas e 1 tractor.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.