Maika Makovski será a encargada de inaugurar oficialmente a VII edición de Elas Son Artistas este xoves no Teatro Colón

por Redacción A Coruña

A VII edición do ciclo metropolitano pola igualdade na Música e nas artes pasará por 8 concellos e un total de 18 sedes

Maika Makovski visita de novo a cidade da Coruña para ofrecer un directo no Teatro Colón da Coruña. Será o xoves 18 de abril ás 21 horas e con esta actuación dará comezo a VII Edición de Elas Son Artistas, que pasará por oito concellos da Área Metropolitana da Coruña e un total de 18 sedes, incluindo salas como Garufa Club, Jazz Filloa ou Mardi Gras, ademáis de espazos municipais.

A artista, de pai macedonio e nai andaluza, xa ten diversos Lps editados e unha longa experiencia incluso televisiva, xa que foi a presentadora de La hora musa en TVE, un dos últimos con música en directo na TV pública. A súa traxectoria inclúe xiras con bandas como The Jayhawks, ademáis de ser convidada polo productor John Parish (Tracy Chapman, P.J. Harvey…) ao seu estudio de Bristol para colaborar.  Un talento como o de Maika é recoñecido internacionalmente. Na actualidade prepara o seu novo Lp tras editar o single «Si tú me quieres me da igual» a primeira canción en castelán da súa carreira.

Os concellos participantes, que estiveron todos presentes na presentación realizada a pasada semana, son: A Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, CambreCulleredo, Oleiros e Sada, polos que irán pasando artistas ata o mes de novembro. A seguinte actuación será a da arxentina Guada, presentando novo Lp, no auditorio da Fábrica en Santa Cristina, en Oleiros o sábado 27 de abril ás 20:30 horas.

O proxecto, xa consolidado, conta coa colaboración dos diversos concellos así como marcas como Gadis, Alma Atlántica e se suma a empresa constructora Citanias, con sede en Culleredo.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario