Castiñeira mostrase satisfeito polo comezo das obras da nova depuradora de Foz que di “é o resultado de moitos anos de traballo e de política útil”

por Redacción Lugo

Unha infraestrutura que se ubicará na Granda de Forxán e os populares agradecen á Xunta de Galicia que a financia con máis de 12 millóns de euros

·          «Trátase dunha obra importantísima para o noso concello e desde o PP de Foz loitamos por ela cando estabamos no goberno e tamén desde a oposición » valora Jorge Castiñeira

·          Con esta nova infraestrutura mellorarase a calidade da auga da nosa ría, o servicio de saneamento e depuración e sacarase a depuradora da zona portuaria que causaba moitas molestias e, ademais, era unha petición das asociacións veciñais

·          «Con esta obra comeza unha nova etapa na modernización do noso concello» finaliza o voceiro popular focense, Javier Jorge Castiñeira

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario