Nova etapa na Asemblea Local do BNG de Ponteceso.

por 21 Noticias

A Asemblea márcase entre as súas metas fortalecer o diálogo da organización coa veciñanza pontecesá e seguir a loita a prol da mellora das condicións sociais no municipio. Poñendo o foco na posta en valor e defensa do territorio e o papel imprescindibel da atracción da mocidade e das políticas de conciliación que permitan as familias mozas vir e manterse en Ponteceso como medidas para a fixación da poboación e para facer viable o futuro no rural. Asuntos que están a ser desatendidos polo executivo municipal, indica Martín Bermúdez, responsábel local.

Ao fronte do Consello Local estarán Martín Bermúdez Rodríguez e María Vitureira Facal como responsábel e vicerresponsábel locais respectivamente.

Xurxo Souto López e Rosa Haz Chouciño participarán como vogais da Concello.

Tamén formará parte do Consello Local a concelleira Fátima R. Gonzálvez.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario