Veciños da zona rural e PP reclaman que o concello  axilice  proxectos en 12 parroquias da zona rural de Lugo

por Redacción Lugo

O Grupo Municipal do PP mantivo un encontro de traballo coa veciñanza  de Teixeiro, San Pedro de Mera, Soñar, Ribas de Miño, Pías, Muxa, Santa Eulalia de Bóveda e Crecente, Bazar, Torible, O Burgo, Santa María de Bóveda para analizar a situación de varias obras nestas parroquias

As actuacións supoñen un investimento duns 178.000 € e permitirán recuperar elementos etnográficos, como fontes e lavadoiros, tamén suporá intervencións de eficiencia enerxética nos locais veciñais ou a creación de parques infantís.

Deste tema falarase no vindeiro pleno onde o PP defenderá un ROGO, no que reclama celeridade para que estas obras se poidan levar a cabo e que a veciñanza goce delas á maior brevidade posible.

Dende o Grupo Popular apoian á reivindicación das 12 parroquias xa que, no caso dos elementos etnográficos, as obras axudarían a preservar a identidade cultural da zona además de servir como reclamo turístico para os interesados en coñecer a historia das nosas parroquias.

Con respecto ás actuacións nos locais sociais é importante renovar espazos que precisaban de intervencións para proporcionar un lugar para as actividades máis cómodo e seguro.Veciños e PP acusan ao goberno local de bloquear ata 12 proxectos da Xunta na zona rural.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario