Antas de Ulla pon en marcha unha campaña de trampeo de velutinas para evitar a formación de niños

por Redacción Lugo

O Concello de Antas de Ulla puxo en marcha con fondos propios unha campaña de trampeo de vespas velutinas

“En concreto, instalamos 100 trampas xeolocalizadas por todo o concello para a captura de vespas raíñas, evitando desta forma a formación de niños”, explica a alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto.

O Concello de Antas de Ulla coorganizou unha reunión informativa sobre a campaña da velutina coa Asociación Galega de Apicultura, e agora pon en marcha esta campaña de trampeo.

A esta campaña municipal uniranse as 70 trampas que instalará o Seaga para o control das velutinas en Antas de Ulla.

“Puxemos en marcha esta campaña preventiva desde o concello porque consideramos que é importante controlar as velutinas e axudar aos veciños neste tema”, engade García Porto, “preservando a súa saúde e protexendo a produción de mel”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario