“Animamos a toda aquela persoa preocupada pola situación do sector gandeiro de vacún a que participe nesta charla/debate este xoves” dixo Ovidio Montaña
O BNG organiza este xoves unha charla/debate en Becerreá onde se analizaraa situación do sector do vacún de carne e explicara as propostas que o BNG ten para este sector.
Nesta charla estarán Ovidio Montaña veterinario e concelleiro do BNG en Becerreá, Ariadna Fernández, veterinaria e deputado no parlamento galego polo BNG e Secundino Fernández técnico de extensión agraria e deputado no parlamento galego polo BNG.
“As políticas agrarias da xunta afondan na marxinación do noso sector agro-gandeiro, os prezos de venda da carne non varía mentres que soben os prezos dos pensos, dos agroquímicos, do gasóleo” explicou Montaña.
Na actualidade Galicia é deficitaria na produción agroalimentaria, importamos máis do que exportamos, as políticas agrarias e rurais non só afectan ás produtoras e produtores agrarios, senón ao conxunto da sociedade. As políticas agrarias e rurais deben ir destinadas a garantir a sustentabilidade económica, social e medio ambiental da produción agroalimentaria nas zonas rurais.
“Por iso para o BNG a Xunta de Galiza debe cambiar as políticas agroalimentarias que ten e escoitar as produtoras que son quen realmente están no día a día do noso rural” conclúe Ovidio Montaña.