A organización fixo un chamamento á cidadanía a concentrarse diante das sedes locais do PSdeG o sábado 27 de abril ás 11:00H da mañá porque «isto xa non vai do PSOE, vai de todas nós»
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) fixeron esta mañá un chamamento a concentrarse diante das sedes locais do PSdeG o sábado 27 de abril ás 11:00H da mañá porque “isto xa non vai do PSOE, vai de todas nós, pola dignidade democrática”.
Dende a organización moza animan a protestar contra “unha campaña de bulos, de mentiras e barro, onde todo vale co fin de acadar o poder”. “O Presidente do Goberno non está solo, todos sentimos o cansancio de aturar día si e día tamén, á basura estrutural da dereita”.