Primeiro de Mayo. Manifestación dos sindicatos CGT, CNT, CUT e Sindicato da Elevación na Coruña

por Redacción A Coruña

O próximo Primeiro de Maio, Día Internacional dos Traballadores, CGT, CNT, CUT e Sindicato da Elevación convocan unha manifestación que terá a súa saída ás 12:30 na praza de Pontevedra da Coruña e rematará na praza de España.

O lema da pancarta de cabeceira será “CONTRA O XENOCIDIO DO POBO PALESTINO, A MILITARIZACIÓN E A GUERRA”, e con el preténdese denunciar o que está a ocurrir non so en Gaza, con Estado de Israel asasino ante a indiferencia internacional, senón o incremento dos discursos que chaman á militarización, metendo o medo na poboación, incrementando os presupostos militares y mesmo sacando a pasear o coco da mili obrigatoria. Tamén a manifestación terá como finalidade a denuncia da situación da clase obreira que, a pesar de contar co “goberno máis progresista da historia”, non ven melloras sustanciais na súa situación, dado que se manteñen as maiorías das reformas laborais anteriores e asuntos como a Lei Mordaza está aínda sen arranxar.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario