A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública no barrio lucense de Garabolos

por Redacción Lugo

A Xunta entregou hoxe unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro no barrio lucense de Garabolos. Trátase dun apartamento de 67 metros cadrados con dous dormitorios, praza de garaxe e rocho, situado na avenida Paulo Fabio Máximo.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na entrega das chaves á persoa adxudicataria. Lembrou que para optar ás vivendas de promoción pública é preciso anotarse no Rexistro Único de Demandantes de Galicia, un instrumento que permite coñecer a demanda real que existe en cada concello. Os sorteos das vivendas dispoñibles realízanse entre as persoas inscritas neste rexistro.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario