«Este 1º de maio desde a CNT dicimos basta. Non podemos permitir que destrúan o noso mundo, a nosa dignidade, o noso futuro».
A ameaza ten moitas caras: A dun sistema capitalista que nos explota, espreme os rexursos naturais e degrada o medio ambiente. A dunha clase política corrupta e elitista que destrúe o público, ignora as nosas necesidades e que nos arrastra a xenocidios e a guerras. Tamén a dunha sociedade que discrimina, marxina e exclúe aos máis vulnerables.
O noso sindicato crece cada día. Aínda que tentaron silenciarnos centos de veces, cada vez temos máis presenza nas loitas, nas folgas, nos centros de traballo. A bandeira da Confederación ondea alá onde hai un conflito laboral, onde unha de nós esixe o que é xusto. Desde Xixón ata Granada, de Compostela a València.
As nosas loitas e reinvidicacións siguen agora máis vixentes que nunca, por unhas condicións dignas de traballo, salarios xustos e dereitos sindicais. Por unha sociedade baseada na igualdade, a solidariedade e o apoio mutuo. Por un mundo que mereza a pena ser vivido.
Por eso construímos un sindicalismo de acción directa, traballamos día a día para organizarnos nos nosos traballos, desde as asembleas, sen dirixentes nin dirixidos, onde todas as persoas valemos o mesmo e as nosas opinións son tidas en conta, onde se nos escoita, onde aprendemos a escoitar. Onde poñemos en práctica o mundo que queremos e loitamos para cambiar o que non nos gusta.
Non imos parar ata que non consigamos que todas as persoas sexan donas do seu destino, onde a riqueza distribúase de forma equitativa e onde a natureza sexa respetada. Chegou o momento de demostrar que nós somos máis, que estabamos aquí antes que eles e que somos capaces de construír todo aquelo que eles destrúen cada día.
Este 1º de maio saímos ás rúas de Galiza e dicimos basta.
Convocatorias en Compostela 12h na Praza do 8 de maio, A Coruña 12h30 na Praza de Pontevedra e Ourense 11h30 Ponte Romana.