O PP reclama máis bombeiros e advirte que “a estructura de mando é insuficiente para facer fronte ás necesidades de Lugo”

Rozas explica que “en los últimos 35 anos só se incorporaron 6 efectivos, pese a que a cidade conta con novas dotacións e infraestruturas” salientando que “que coa RPT de Paula Alvarellos desapareceron figuras esenciais na cadea de mando sobrecargando ao único responsable existente: o Sanxento Xefe”

Os populares solicitan que se actualice a estrutura do servizo de bombeiros de Lugo “co obxecto de cubrir as necesidades reais dunha cidade de 98.000 habitantes” explicando como “na actualidade o cadro de persoal dos bombeiros de Lugo está composto por 56 efectivos: un sarxento, 5 cabos e resto bombeiros condutores”.

O vicevoceiro popular aclarou que, tal e como está, non se adecúa ás necesidades do municipio e que hai un déficit de mandos e efectivos que provoca que cada vez que hai unha situación de emerxencia se teña que recurrir a chamar ao persoal que disfruta de permiso; e para cubrir a escala de mandos o goberno local viuse obrigado a crear  listas de voluntarios.

Neste momento, as quendas se compoñen de 9  efectivos: 1  cabo, 1 persoa que atende á centralita e 7 bombeiros polo que no suposto de que haxa unha saída non chegan os efectivos. Como mínimo, por exemplo para apagar un incendio nunha vivenda, precísanse 5 bombeiros para o camión, e 2 para o vehículo con escaleira. Por tanto quedarían 2 efectivos na base: non se podería atender unha urxencia simultánea.

Rozas razoaba que xa non é que non esté ben dimensionado o servizo senón que faltan pezas claves do organigrama lembrando como en 1989 existía a figura do Director Técnico que  avaliaba o estado de edificios e estruturas afectadas e que tiña a cualificación necesaria (arquitecto técnico). No ano 1995, ao modificarse o regulamento municipal de bombeiros, se aumenta a plantilla cun administrador do servizo.

Pero chega a Relación de Postos de Traballo do ano 2020, da que tanto presumiu a alcaldesa, e desaparecen estas dúas figuras xa que Paula Alvarellos decide fusionar as tarefas do Director Técnico e do administrativo na posto do Sarxento Xefe.

Rozas explicaba que a comunidade europea  especifica que debe haber 1 bombeiro por cada 1000 habitantes aclarando que“non pretendemos que se duplique de inmediato a plantilla pero o que si queremos é que como mínimo de forma progresiva se vaia incrementando o seu cadro de persoal” e tamén que se recupere “a figura do director técnico e o administrativo”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios