O Alcalde de Laxe, cun soldo de 46.000 euros ano, laméntase da falta de diñeiro para gardería

por Óscar de Souto

“A los que les gusta mucho la plata hay que correrlos de la política”. José Mújica

Ante a xubilación anticipada, por motivos de saúde, do anterior rexidor, o Alcalde-Practicante, José Luis Pérez, colle o temón de mando o Alcalde-Percebeiro, tamén do PP, e estréanse no cargo cunha medida moi polémica, poñéndose o tope de soldo permitido por lei, 46.000 euros anuais, (3.285 x14 pagas) para que tódalas súas mareas sexan excelentes.

Agora deambula por medios de comunicación, laiándose de que o Concello de Laxe non ten cartos para un servizo de gardería, ainda que os laxenses saben que faltan moitos outros servizos esenciais, polígono industrial ou piscina climatizada, e con tellado, entre outras moitas necesidades. A ética persoal foi a que levou a outros Alcaldes a non poñerse un soldo elevado, exemplo o de Carballo, xa que cantos máis habitantes, maior pode ser o soldo. Laxe, o menor dos Concellos da Comarca de Bergantiños, apenas ten 3.000 veciños, ( 31.000 habitantes Carballo) onde o Alcalde se puxo 48.000 euros anuais de soldo, por ética. Laxe perde poboación cada ano por falta de emprego estable e por falta de alugueiros, a maioría só alugan a turistas, entre outras causas variadas, moitas delas solucionables con normativas municipais e con decisións políticas valentes.

Non é que Laxe non teña cartos para servizos básicos esenciais, senón que os cartos desaparecen no gasto interno do Consistorio, un problema que teñen moitos outros municipios en Galicia e por toda España. O Alcalde de Laxe cobra

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario