O PP defende no pleno o mantemento e a necesidade de mellorar instalacións e servizos municipais

por Redacción Lugo

Os concelleiros do PP de Monforte seguen defendendo as propostas que lles trasladan os monfortinos e no pleno desta semana instaron ao goberno de José Tomé a mellorar o estado do horto do Colexio Da Gándara e a revisar os toldos do campo de fútbol da Pinguela.

O vicevoceiro popular, José Luis Rodríguez, explica que “é preciso realizar o desbroce” do horto do Colexio da Gándara debido ao estado que presenta. “Durante os quince anos que este horto leva en funcionamento sempre se desbrozou por parte dos operarios do Concello pero, este ano, comunicaron ao centro que non se realizaría ese traballo”, sinalou, ao que engade “será o alcalde o que terá que explicar porque durante tantos anos realizaron ese traballo dende o concello e agora se negan”.

Dende o Grupo Municipal do PP tamén reclamaron ao Concello de Monforte o arranxo dos toldos do campo de fútbol da Pinguela, unha petición que xa se realizou en varias ocasións e á que incluso se comprometeu o goberno local “pero que aínda non se materializou”.

José Luis Rodríguez ve neste eido un exemplo perfecto “do abandono de Tomé” por Monforte. “Algo tan sinxelo como cambiar uns toldos no campo de fútbol para protexer aos espectadores do sol, non se fai pese a que se pediu dende hai meses en varias ocasións”, explicou.

Os populares urxen este arranxo antes de que comece o bo tempo xa que, a inicios de temporada, houbo un desmaio por mor do calor e de que os espectadores non tiñan xeito de protexerse do sol. “Por iso queremos saber se iniciaron a tramitación e, no caso de que así sexa, en que punto se atopa”, rematou.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario