A Marea de Noia reclamou no pasado pleno que o autobús Noia-Santiago teña parada diante do propio Hospital Clínico.

por Redacción Galicia

Esta medida permite facilitar o acceso aos centros hospitalarios xa que a liña do bus urbano C4, con frecuencia cada 20 minutos, permite achegarse ao Hospital Provincial.

A concelleira Chelo Martínez, asegurou que son moitas persoas con mobilidade reducida as que teñen que subir a costa que une a actual parada co Hospital Clínico.

Tamén indicou que esta pequena modificación non influiría no estudantado, xa que a liña pode facer a parada sen dificultade no Camiño Novo diante do Campus Universitario

Dende a Marea destacan que o Concello de Noia non fixo este traballo cando tocaba, no Plan de Transporte de Galicia e insisten en que Noia precisa unhas mellores comunicacións no transporte público.

Chelo Martínez, recoñeceu estar satisfeita co acordo ao que chegou o Concello de Santiago de Compostela coa Xunta de Galicia para habilitar outro aparcadoiro no Hospital Clínico. Asegura que» cada día é máis difícil aparcar e hai que pagar constantemente por aparcar preto do hospital»

Indicou que dende o executivo local deberíase poñer en funcionamento unha campaña informativa sobre o uso do transporte público, dos horarios e das diferentes combinacións.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario