Facenda abre procedemento para correxir as irregularidades nas expropiacións realizadas na LU-710

por Redacción Lugo

A través do deputado Néstor Rego presentáronse preguntas no Congreso para dar a coñecer a falta de coordinación que se da entre o Ministerio de Facenda e o Catastro no concello de Baralla

O BNG de Baralla denunciou o pasado mes de marzo, a través de preguntas presentadas polo do deputado no Congreso, Néstor Rego, que o catastro seguia a cobrar o IBI á veciñanza a cal se lle expropiaron fincas no 2009 cando se fixeran os arranxos na LU-710 propiedade da Consellaría de Infraestruturas que non cumpriu co seu deber legal de comunicar a Catastro estas expropiacións e as parcelas seguen a figurar coa mesma superficie que antes das expropiacións.

O 18 de abril recibiuse resposta a estas preguntas onde o Ministerio de Facenda solicitaba información a Catastro dos distintos procedementos expropiatorios e asi poñer fin ao pago do IBI de superficies que non corresponden.

Chegouse a esta situación polo incumprimento legal que teñen as administracións expropiantes de comunicar a Catatro as alteracións de propiedade dos predios.

O BNG de Baralla xa tiña denunciado estes feitos diante do Sr. Alcalde máis non obtiveron resposta, nin o concello fixo ningún trámite para correxir esta situación. O BNG a día de hoxe non ten representación no concello máis segue e seguira como sempre fixo a traballar pola veciñanza de Baralla.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario