Ameijide advirte que «o illamento en materia ferroviaria lastra o día a día de estudantes e traballadores e o desenvolvemento de empresas na provincia»

por Redacción Lugo

Atrasos continuos, falta de conexións, redución de frecuencias e o escaso mantemento súmase á renuncia do Goberno do PSOE co silencio do BNG a construír as variantes que permitirían que chegase a Lugo a alta velocidade.

  • O popular entende que «as obras hai que facelas» pero bota en falta unha xestión máis eficiente para «evitar atrasos apabullantes» como os que tivemos coñecemento nas derradeiras semanas de ata dúas horas para a conexión entre Monforte e Ourense «que agardamos que non se repita este domingo»
  • Ameijide advirte tamén que, segundo os servizos que recolle a web de Renfe, «se suprime unha conexión entre Ourense e Lugo que enlaza coa chegada do AVE a Ourense ás 22:46 horas»
  • Os traballadores tamén sofren a falta dunha alternativa real por tren para viaxar, por exemplo, ata A Coruña e, incluso, empresas da provincia rexeitan celebrar eventos importantes en Lugo polas malas comunicacións
  • Antonio Ameijide subliña que «a realidade é que seguimos sen alta velocidade, escasas frecuencias, atrasos e sen conexións eficientes co resto de Galicia e coa Meseta»
  • Foto. OndaCero.es
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario