Incendio nun vehículo na estrada AC-840, en Oza dos Ríos

por Redacción A Coruña

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 15:30 horas desta tarde, domingo 5 de maio, dun incendio nun vehículo na estrada Ac-840 ao seu paso pola parroquia de Santa Cruz de Mondoi, no Concello de Oza dos Ríos.

Á chegada procedeuse á extinción das chamas. Os ocupantes saíron polo seu propio pé e só producíronse  danos materiais no vehículo.

Logo da extinción das chamas procedeuse á retirada do vehículo e á limpeza da estrada.

Completaron o operativo a Garda Civil.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario