A Xunta apoia a Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, na súa 29 edición, 11 e 12 de maio, coa asistencia de 10 adegas.

por Redacción Lugo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, participaron na presentación. Arias destacou a colaboración da Administración autonómica para celebrar un ano máis esta festa que enxalza a viticultura da zona e que foi declarada de Interese Turístico de Galicia no ano 2022.

Os visitantes poderán degustar o viño acompañado de diferentes produtos da terra e desfrutar da sétima edición da Festa da Empanada – o sábado a partir das 14,30 -. Tamén se entregarán os premios do IX Concurso Fotográfico Rede Ribeira Sacra – Viticultura Heroica e haberá actuacións musicais con orquestras e charangas durante toda a fin de semana. As actividades darán comezo o xoves – 9 de maio – cunha cata de viños das tres ribeiras de Pantón.

Este ano coincidindo coa primeira xornada da mostra o recinto feiral acollerá o Brinde do Viño, que se celebra simultaneamente en distintos territorios vitivinícolas de España para reivindicar o valor dos viños con denominación de orixe (DO). A DO Ribeira Sacra participa con 35 Consellos Reguladores máis.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario