A voceira do Grupo Municipal, Elena Candia, e o voceiro provincial Antonio Ameijide contrapuxeron “o falso ecoloxismo de PSOE e BNG, que descoidaron estes paseos que herdaron hai 25 anos en perfecto estado, mentres que reclaman a visión do PP de consolidar o cinto verde como un reclamo identitario da cidade para poñer en valor o Miño”
O PP organiza unha andaina aberta á cidadanía para poñer en valor o cinto verde de Lugo construído polo goberno do PP, reclamar a unión dos parques do Miño e do Rato e animar aos gobernos do Concello e a Deputación a impulsar un plan integral para mellorar o seu mantemento.
Este acto lúdico reivindicativo terá lugar o próximo venres 10 de maio , a hora da saída ás 16:30 do aparcamento do Pazo dos Deportes. A ruta de 4 quilómetros, aproximadamente, busca evitar a decandencia de zonas que teñen unha riqueza paisaxística moi importante.
Os populares puntualizan que “o percorrido que se escolle céntrase nunha zona que necesita melloras pero o abandono é xeralizado nos restantes tramos do Paseo do Miño”.
Antonio Ameijide explicou que “en 25 anos de gobernos socialistas e nacionalistas non se fixo nin un só metro cadrado do cinto verde de Lugo” recriminánolles a PSOE e BNG a pouca dilixencia do bigoberno á hora de manter en boas condición os paseos periurbanos de Lugo”.
Na presentación desta camiñata reinvidicativa amosaron imaxes que certifican o mal estado das zonas verdes do cinto verde.
- Zona unión Miño Rato (á altura de Arias Nadela). Segue sen procederse a unión dos paseos de xeito integral. O sendeiro orixinal pegado á beria do río é pouco accesible. Hai unha senda estreita e pechada pola maleza. Se se vai pola parte superior atopamos un camiño que linda coa Nacional VI no que temos que sortear fochancas de diferentes tamaños facendo o paso en ocasións de choivas, intransitable”.
- Zona do Paseo del Miño, no tramo que está por detrás do edificio de la Uned e na zona da nova depuradora. Os camiños nalgúns tramos están destrozados e é complicado o paso tanto para os que pasean como os que utilizan as sendas para facer deporte.
- Paseo do Miño (tramo da Fervenza): aquí atopamos árbores caídas en varios puntos e mal estado dunha escalinata, sendeiros cubertos pola maleza, pavimento desaparecido…
- Paseo do Miño (zona da fábrica da luz): é deplorable o estado, desaparecu a área recreativa e hai unha fuga que ata podería ser de augas fecais, polo olor que desprende, debaixo dunha pasarela que bota auga a borbotóns.
- Na zona das inmediacións da Escola de piragüismo hai árbores que medran en metade do camiño, raices e pedras que o fan intransitable. Tamén hai problemas de mantemento das escalinatas.
- Paseo do Rato: atopamos unha total falta de mantemento nos sendeiros, que cando se fixeron tiñan 2 m de ancho e agora en puntos non chegan aos 60 cm, tamén se aprecia o abandono de estructuras de madeira, merendeiros…