As contornas escolares seguen respirando malos fumes 

por Redacción Galicia

Ecoloxistas en Acción presenta o informe ‘Calidade do aire nas contornas escolares 2024, que recolle os resultados dunha campaña de ciencia cidadá na que mediuse dióxido de nitróxeno (NO2) en 114 contornas escolares de nove concellos: Sevilla, Mairena del Alcor, El Viso del Alcor, Cartagena, Uviéu, A Coruña, Basauri, Etxebarri e Galdakao

Ecoloxistas en Acción levou a cabo unha análise dos niveis de dióxido de nitróxeno (NO2) nas inmediacións de 114 centros educativos de nove concellos de cinco provincias do Estado español: Sevilla, Murcia, A Coruña, Asturias e Bizkaia. Para o estudo seleccionaronse centros de educación primaria e secundaria situados tanto en vías con alta densidade de tráfico motorizado como en contornas afastadas de vías de alta capacidade e con pouca exposición aos contaminantes emitidos polos vehículos.

Mediuse tamén os niveis de NO2 xunto ás estacións oficiais de control da contaminación, ca finalidade de calibrar os aparellos instalados nos colexios. En total colocáronse 270 captadores pasivos nun total de 128 localizacións.

• Ningunha das 114 escolas analizadas cumpre as recomendacións da OMS; en tódalas contornas escolares analizadas, a concentración de NO2 supera os 10 μg/m³.

• Solo 11 das 114 contornas escolares analizadas, o 10%, están por baixo de los 20 μg/m³. O 90% restante estaría por riba do novo límite indicado na revisión da Directiva de Calidade do Ar.

Ecoloxistas en Acción destaca que 15 das 114 escolas analizadas, o 13%, están por riba dos 40 μg/m³, o límite legal actualmente vixente.

A poboación infantil é especialmente sensible á contaminación atmosférica, debido a súa elevada frecuencia respiratoria, a súa maior exposición a ambientes exteriores e á inmaturidade dos seus sistemas respiratorio e inmunitario, sendo o NO2 un activo inmunodepresor.

Segundo datos da OMS, o 90% dos nenos e nenas de Europa van a diario a escolas cuxas contornas superan os niveis de contaminantes atmosféricos considerados seguros. A contaminación do ar causada polo tráfico demostrou ser unha causa directa de asma infantil, cun 33% dos casos atribuídas a esta fonte de contaminación.

É necesaria unha mellora substancial da información sobre a calidade do ar que respiramos, en particular na contorna dos centros educativos e outros centros sensibles (asistenciais, deportivos e sanitarios), complementando a información proporcionada polas estacións oficiais de medición con mapas de distribución e con campañas de medición específicas. En paralelo a esta campaña de medición, Ecoloxistas en Acción está desenvolvendo obradoiros para a sensibilización e formación do alumnado de educación secundaria en centros de Sevilla, Cartagena ou A Coruña. La xuventude é consciente do problema e quere respirar ar limpo.

Urxe promover sistemas de mobilidade como as peonalizacións, a bicicleta e o transporte público, que restrinxan o tráfico motorizado urbano co fin de diminuír a contaminación que se deriva do mesmo. A obrigación legal de que todas as cidades de mais de 50.000 habitantes implanten Zonas de Baixas Emisións (ZBE), para reducir a circulación de vehículos contaminantes, é una oportunidade de mellora da calidade do ar e a vida cidadá que debe aproveitarse, e non dar pasos atrás en materia de mobilidade sostible como están facendo algúns concellos. É o caso da retirada dos bolardos en colexios de Xixón, á volta dos coches á porta dos colexios en Madrid, ou as ameazas para eliminar a pacificación de Poble-Sec, en Barcelona. 

Estas medicións realizounas Ecoloxistas en Acción no marco da campaña Clean Cities, dá que forma parte, en colaboración con Revolta Escolar e asociacións de familias. É a cuarta campaña de medicións de NO2 que realizan os grupos de persoas voluntarias da organización ecoloxista, dende 2020, e a terceira específica para medir NO2 ao redor de centros educativos.

A pesar do éxito destes programas, algúns concellos ameazan con reverter ou paralizar estas actuacións. A saúde da infancia debe ser unha prioridade. Seu dereito á cidade, tamén. Por iso, o próximo 10 de maio organizaranse decenas de eventos por toda a xeografía española e centenares en toda Europa: pedibuses e bicibuses, actividades lúdicas e reivindicativas na porta dos colexios, manifestacións, teatro, concertos e muchas actividades mais para reivindicar, con urxencia, #RúasAbertasParaÁInfancia #CallesAbiertasParaLaInfancia.

Informe completo e resumen

    Comparte éste artículo
    Escribe tu comentario