O grupo folk de Ortegal regresa despois do seu éxito con “Palmira”
Os Carecos lanzan o seu novo sinxelo: ‘Xota e Muiñeira das Cortellas’, co que pechan o universo temático que abriron con “Palmira”.
O grupo, que triunfou coa súa presentación como grupo folk no pasado festival de Ortigueira, volve con “Xota e Muiñeira das Cortellas” unha peza pensada para o baile e a festa.
O novo sinxelo reflexa a evolución artística e o crecemento do grupo, mostrando unha madurez musical que promete sorprender e enganchar aos seus seguidores.
Tanto “Palmira” como “Xota e Muiñeira das Cortellas”, pertencen a un mesmo universo artístico, que abre a prometedora carreira dos de Ortegal, convertíndoos nunha das propostas máis prometedores do panorama da música tradicional galega.
Os Carecos veñen de facer unha xira por Santiago de Compostela, O Barqueiro, Ortigueira e Ourense, e seguirán de xira todo o verán 2024 por Galicia, sendo a súa primeira parada en Boiro o día 24 de maio.