Manolo Seijas explicou que » Noia é unha das vilas culturais máis importantes de Galicia, con escritoras e escritores locais de gran prestixio» polo que a Feira do Libro sería un evento importante para a súa promoción.
A Feira do Libro ten tres obxectivos fundamentais explican dende a Marea. » A promoción da lectura e polo tanto mellora na oferta cultural da nosa vila, promoción das persoas escritoras locais e dinamización turística «
Hai máis de 14 anos que non se celebra en Noia esta Feira, que gozaba de gran éxito xa que atraía numerosos visitantes á nosa vila e dende a Marea apuntan que » é tempo de recuperala»
Seijas apuntou que » esta feira ten que ter a ambición de permanencia no tempo, debemos innovar para que sexa unha referencia no sector, unha cita imprescindible para os amantes da lectura e converterse nun referente cultural da provincia»
Indican ademais que se poden crear actividades paralelas e relacionadas coa feira para facela máis atractiva.