Maite Ferreiro anima á rapazada de Lugo a falar en galego na festa do Correlingua

por Redacción Lugo

A Tenencia de Alcaldía colabora na organización desta programación a prol da lingua

Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, e Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, asistiron á festa do Correlingua, que reuniu na Praza de Santa María alumnas e alumnos de 7 centros educativos da cidade de Lugo: IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, IES Ánxel Fole, IES Xoán Montes, IES Sanxillao, IES Muralla Romana, CEE Santa María e CEIP Casás.

Este ano celébrase baixo o lema «Dende aquí ata acolá. Galego xa!». As xornadas contan con concertos, festas, regueifas, obradoiros e concursos comoo centro dunha actividade que este ano acada a súa vixésimo cuarta edición.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, trasladou á rapazada «a importancia do seu compromiso co uso do galego e animounos a seguir falando unha lingua que nos permite entendernos con millóns de persoas en todo o mundo» e agradeceu «a colaboración do profesorado para celebrar esta gran festa da lingua».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario