A Mariña Lucense se prepara para o Rally da Mariña

por Redacción Deportes

A Xunta colabora coa escudería MixRallyeSports na organización da sexta edición do Rally da Mariña, que se celebrará entre os días 10 e 12 de maio. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da proba, que puntúa para o Campionato de Galicia de Rallyes sobre Asfalto e alcanza os 76 vehículos inscritos.

A Secretaría Xeral para o Deporte destina a través dun convenio 12.100 euros para este evento concreto, ademais do financiamento que achega á Federación Galega de Automobilismo para impulsar aos clubs e competicións que se realizan na comunidade. Ao respecto, cómpre subliñar que Galicia ocupa o segundo lugar de España en número de licenzas federativas e a terceira en número de clubs.

O Rally da Mariña conta con catro treitos cronometrados que suman 88,5 quilómetros, nos municipios de O Vicedo, Ourol, Cervo e Xove; o parque pechado estará situado en Celeiro (Viveiro). Disputaranse o sábado durante toda a xornada: a primeira pasada está prevista no Vicedo ás 9.00 horas e a última en Xove ás 23.00 horas aproximadamente. O venres terá lugar a cerimonia de saída pola Travesía da Mariña de Viveiro.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario