“Vai emprender a mellora, rehabilitación e reforma desta centro, así como dotar de medios e persoal suficiente e necesario?” pregunta a senadora do BNG
Durante a comparecencia do Ministro de Asuntos Sociais na cámara alta, a senadora do BNG, Carme da Silva, solicitou o compromiso de Bustinduy para levar a cabo a mellora, rehabilitación e reforma do CAMF de Ferrol. Paralelamente, a senadora demanda ao Goberno que dote de suficiente persoal este centro para atender as necesidades das persoas, así como contribúa coa dotación de todos medios suficientes para asegurar unha atención pública e directa.
O Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física (CAMF) de Ferrol está ubicado nun edificio de máis de 30 anos que foi deseñado para unhas “condicións de traballo que nada ten que ver cos actuais requisitos técnicos que se exixen para un servizo dirixido a un colecto cunhas necesidades tan específicas”. De facto, segundo lembra a senadora do BNG, en todos estes anos, nunca se acometeu unha reforma integral para adaptalo a estas exixencias.
“Non existe ningunha rampla nunha instalación con 5 plantas e existen multitude de barreiras arquitectónicas, non se cumpre ningún requisito de eficiencia enerxética, de seguridade…” enumera Carme da Silva.
O BNG, lembra a senadora nacionalista, leva anos demandando ao Goberno que leve a cabo a reforma das instalacións do CAMF de Ferrol cunha grave deterioración, que o dote de suficiente persoal para atender as necesidades das persoas do centro e que o dote adecuadamente de medios. “É por este motivo que lle solicitamos ao Ministerio de Dereitos Sociais o compromiso para emprender a mellora, rehabilitación e reforma do CAMF de Ferrol” afirma.
Este centro, continuou a senadora, presta unha atención directa, de carácter especializado e integral ás persoas con diversidade funcional e dependencia, con servizos en réxime de internado ou de atención diúrna, desde un enfoque socio-sanitario e de asistencia.
“O abuso de contratación temporal que chegou mesmo a que se superen os 1 000 contratos por circunstancias de produción, é a clara evidencia da falta de persoal, da insuficiencia de persoal fixo para poder un adecuado servizo especializado” sinala. O Ministerio debe aumentar os medios e o persoal que traballa no centro “revertendo a situación de empeoramento da atención directa en actividades tan fundamentais como a de mobilidade, alimentación, hixiene, etc.”.