O PP de Castroverde esixe ao goberno municipal a limpeza e desbroce de zonas verdes coma o campo da feira ou o patio do colexio

por Redacción Lugo

O portavoz, Pablo Figueiras, pon estes como exemplos de “deixadez” por parte do alcalde e o seu goberno e convídaos a “poñerse a traballar para acondicionar o patio do colexio e que o campo da feira se atope en boas condicións para a próxima”

O portavoz do PP de Castroverde, Pablo Figueiras, denuncia a deixadez do actual goberno municipal en materia de “limpeza, acondicionamento e desbroce” de áreas verdes coma as do campo da feira ou o patio do colexio. “Esixímoslles que se poñan a traballar e se limpen todas as zonas verdes municipais de forma inmediata”, engade.

O popular comparte a preocupación dos pais e nais dos alumnos e alumnas sobre a seguridade no patio do colexio onde a herba está sen cortar e alcanza xa bastante altura.

Igualmente, os concelleiros do Partido Popular de Castroverde advirten do estado deplorable do campo da feira: “o seu aspecto non convida a ninguén a achegarse os domingos de feira o noso concello”, lamentan.

Nese sentido, piden o seu acondicionamento: “agardamos que para a seguinte feira o equipo de goberno teña feitos os deberes e o campo se atope en boas condicións”.

Pablo Figueiras sinala estes casos como exemplos de “deixadez” por parte do alcalde e o seu goberno e convida a desenvolver os traballos de limpeza, acondicionamento e desbroce das zonas verdes de forma periódico seguindo un plan de actuacións no que teña moi en conta as zonas de uso infantil.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario