Os populares aproveitaron a andaina lúdico reivindicativa que se celebrou esta tarde para lembrar que «despois de 25 anos de gobernos socialistas e nacionalistas non se fixo nin un só metro cadrado do parque periurbano de Lugo»
· Na andaina que realizou esta tarde o Grupo Municipal do PP para reclamar un Plan de Mellora do cinto verde de Lugo iniciaron o percorrido atravesando a zona da unión Miño-Rato.
· Este tramo pola beira do río é un sendeiro cuberto de maleza onde só se pode pasar de fila de un; e se se escolle o percorrido pola parte superior, pegado á NVI o pavimento atópase en moi mal estado.
· O Partido Popular leva anos reinvindicando que se peche o parque periurbano de Lugo nesta localización (confluencia de A Tolda co fin do paseo do Miño á altura da UNED e ca N-V), reflexionando como «en 4 anos, un goberno do PP creou esta zona verde á beira do Miño, mentres que o PSOE, cos seus 3 alcaldes, non é capaz de mantelo en bo estado»
· A situación na que o atopamos demostra o «falso ecoloxismo do goberno local de Lugo» que presume de políticas sostibles cando non foi quen de xestionar, en 25 anos, a unión destas dúas zonas verdes que supoñen para a veciñanza un dos sinais identitarios da cidade.
· Para os populares é incomprensible que non se den pasos para completar o anel verde que temos e que para os lucenses supón un orgullo a pesar de que o mantemento é moi mellorable «non se pode agardar máis tempo para conseguir este corredor verde».