O Bloque Nacionalista Galego en Cervantes participou na IV Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña que se desenvolveu hoxe en San Román de Cervantes.
Estivo a deputada por Lugo no Parlamento galego, Montse Valcárcel, e membros do BNG na comarca.
Montse Valcárcel destacou que «Cervantes ten todo por gañar, o seu sector agro-gandeiro é unha potencia que se ten que impulsar, e que desde o BNG apoiaremos sempre»
Neste senso, o candidato nacionalista subliñou «poremos en marcha medidas en apoio ao sector, afondando en engadir valor aos produtos que aquí se producen, baixo o fomento da transformación da nosa carne, do noso mel ou doutros grandes manxares»
Valcárcel destacou que Cervantes merece que » se estableza máis dinamismo económico, fixando riqueza na comarca, o que contribuiría á creación de emprego e o asentamento da poboación, funcións vitais para manter un concello rural como é Cervantes»
Por outra banda, o a deputada do BNG salientou que o dende o Parlamento se traballará para conseguir medidas para garantir prezos xustos «no BNG queremos que as persoas que están a manter e coidar o noso campo, teñan unhas condicións para que vivan dignamente, medidas que contribúan a garantir uns prezos xustos ás producións gandeiras»